Infórmate > Noticias 

Noticias 

A Fundación Érguete-Integración e o Concello de Nigrán fomentan a empregabilidade de persoas en risco de exclusión social cun Curso de Auxiliar de Restaurante-Bar
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

07/05/2019 | Nigrán

A acción formativa conta coa financiación da Deputación de Pontevedra como parte do proxecto Emprego Inclusivo

1 de 1

Este luns, 6 de maio, tivo lugar no local do Pénjamo SunBar, na Praia de Patos (Nigrán), a presentación do Curso de Auxiliar de Restaurante-Bar que xestiona a Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello de Nigrán.


A esta xornada inaugural asistiu a Presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avendaño; a Deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas e o Alcalde do Concello de Nigrán, Juan Antonio González.


O acto comezou coa intervención de Carmen Avendaño, quen quixo dar a benvida ao curso ao alumnado e dar as grazas pola súa colaboración ao Concello de Nigrán e á Deputación de Pontevedra. Ademais, tamén quixo trasladar ás persoas participantes que máis alá da oportunidade de formación, nestas iniciativas sempre nace un espírito de compañeirismo moi importante.


A continuación tomou a palabra Digna Rivas, quen afirmou que iniciativas como estas axudan a contribuír á igualdade de oportunidades entre as persoas, algo moi difícil de levar a cabo sen as accións de entidades como a Fundación Érguete-Integración.


O último en intervir foi Juan Antonio González, que agradeceu a financiación da Deputación e a labor da Fundación durante estes 20 anos, levando a cabo formacións como estas que buscan axudar ás persoas a lograr a súa inserción no mercado laboral.

 

Formación polo Emprego Inclusivo
O curso de Auxiliar de Restaurante-Bar, que terá lugar do 6 de maio ao 7 de xullo en Nigrán, formará a persoas que se atopan en busca activa de emprego para que podan adquirir as competencias necesarias para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral no ámbito da hostalaría. Esta acción ten un total de 200 horas de formación, das que 80 son prácticas non laborais en empresa. Polo tanto, o alumnado recibirá unha completa formación teórica e práctica co obxectivo de contribuír á súa inserción laboral.


Este Programa Formativo encádrase no proxecto Emprego Inclusivo promovido pola Deputación de Pontevedra e desenvolvido coa colaboración do Concello de Nigrán. A iniciativa está pensada para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión social, facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación ou capacitación técnica e prácticas en empresa e Itinerarios Individualizados de Inserción; que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Emprego Inclusivo

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA