Cookies

Axenda de actividades

© FEI | 11/09/2016 | Personale técnico do Refuxio de animais de Cambados e da no Fundación no C.P. A Lama

ACTIVIDADE: Módulo de adestamento pro social a través da terapia canina

Os alumnos participantes no Proxecto de Mozos no Centro Penal da Lama, comezan o seu adestramento PROL SOCIAL a través da terapia canina.

15/09/2016 - 13/10/2016 | A Lama

Para realizar este módulo contamos coa colaboración do Refuxio de Animais de Cambados, quen se desprazan ao Centro os xoves pola tarde. Serán sesións de dúas horas durante as cales os participantes no proxecto aprenderán a ter paciencia, respectar aos demais, comunicar sen violencia ou dar e recibir afecto, entre outras aprendizaxes positivas. A finalidade é diminuír a súa impulsividad e minimizar, por tanto, a reincidencia delituosa.

Ademais, contamos cunha ferramenta de traballo moi especial: os cans do Refuxio. Animais adestrados para terapia ou asistencia, moitos deles foron rescatados por esta entidade de situacións de abuso, malos tratos ou abandono. As características do propio can resultan atraintes para o mozo participante, xa que poden experimentar, a través do animal, como con esforzo e a  axuda adecuada é posible  aspirar a un futuro mellor.

Á fronte das sesións de traballo está a Directora do Refuxio-Técnica en terapia asistida con animais, un Adestrador de cans de terapia e asistencia, un Voluntario adestrador e a Coordinadora do Programa ITÍNERE.
 

Lugar de celebración:

Centro Penitenciario A Lama

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere