Cookies

Noticias 

© FEI | 23/09/2016 | Carmen Avendaño, Presidenta da Fundación, xunto a personal de Érguete nun momnto da celebración do día da Merced 2016, no CP A Lama.

Celebración da festividade de Nosa Señora da Merced no CP A Lama

O deporte en prisión.

23/09/2016 | A Lama

O pasado venres 23 de setembro, a nosa Presidenta Carmen Avendaño Otero, xunto a varias das súas compañeiras e compañeiros de Érguete, acudiu á celebración do acto en honra á patroa de Institucións Penais.

Como cada ano, o equipo do Centro Penal elixe unha temática sobre a que articula as diferentes actividades que encerran esta semana de celebracións. Nesta ocasión, e coincidindo co triunfo no VII Torneo de fútbol de Institucións Penais do equipo do Centro Penal da Lama, a temática elixida foi o deporte.

Por primeira vez álzase este equipo co trofeo disputado no mes de maio na  Cidade do Fútbol de Las Rozas, propiedade da Real Federación Española de Fútbol, que é quen promove o programa "O Fútbol como Autoxestión para a Reinserción de Persoas Privadas de Liberdade".

José Ángel Vázquez Yáñez, Director deste centro, foi condecorado coa medalla de prata ao Mérito Penal, motivo polo cal non puido presidir a celebración.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere