Cookies

Axenda de actividades

© Unsplash | 03/07/2019 | Inicio de Súmate no C.P. A Lama

Arranca a actividade formativa do Programa Súmate no C.P. A Lama

11 mozos menores de 30 anos, privados de liberdade, inician un obradoiro vivencial para traballar a socialización diferencial nos homes e construír unha masculinidade positiva

03/07/2019 - 02/10/2019 | A Lama (Pontevedra)

A Fundación Érguete – Integración organiza no Centro Penal da Lama, dentro do Programa Súmate, un taller de 30 horas, distribuído en 10 sesións, onde os participantes traballarán diferentes aspectos vinculados coa masculinidade hexemónica resultado do sistema patriarcal. Deste xeito poderán aprender a identificar aqueles comportamentos e actitudes que xeran discriminación e violencia, deconstruíndoos e dotándose de novas ferramentas que lles permita xerar relacións baseadas na igualdade, o bo trato e a afectividade positiva.


Para conseguir o obxectivo do programa trabállasense algunhas cuestións como os mitos do amor romántico, as condutas de risco asociadas á masculinidade hexemónica, a resolución de conflitos e a sexualidade, etc. E realizarase un seguimento e un traballo continuado cos participantes.

 

 

                                 
A través da subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionadas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia

Lugar de celebración:

Centro Penal de A Lama

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere