Cookies

Axenda de actividades

© FEI | 03/09/2019 | Inicio da segunda edición do programa Abeiro no C.P. Teixeiro

Comezo do programa ABEIRO no Centro Penal de Teixeiro

Hoxe, 3 de setembro, arranca a segunda edición do programa Abeiro no C.P. Teixeiro impulsado pola Xunta de Galicia para formar internos/as de apoio no centro

03/09/2019 - 16/12/2019 | A Coruña

Este martes, 3 de setembro, da comezo a segunda edición do programa Abeiro do 2019 no Centro Penitenciario de Teixeiro onde 10 persoas van poder obter unha titulación oficial da Universidade de Nebrija de “Auxiliar de Psiquiatría”, para poder realizar tarefas de interno/a de apoio no centro.

 

O valor engadido do programa é que, ademais de impartir a formación técnica, adéstranse paralelamente as competencias trasversais e a preparación para o emprego, así a formación non só queda para un mellor funcionamento do centro senón que se prepara á persoa para a súa futura vida en liberdade.

 

Esta segunda edición do programa faise a través da subvención destinada á realización de programas deinterese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dasdrogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección polo VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia”.

Lugar de celebración:

C.P. Teixeiro

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere