Cookies

Noticias 

Aberto o prazo de inscrición para o Programa Formativo de Auxiliar de Restaurante-Bar en Nigrán

A Deputación de Pontevedra, o Concello de Nigrán e a Fundación Érguete-Integración colaboran polo Emprego Inclusivo a través deste programa formativo

05/04/2019 | Nigrán

Co obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión social naceu o Programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de Pontevedra e levado a cabo pola Fundación Érguete-Integración como parte dos numerosos proxectos que impulsa no eido do emprego e a formación dirixida a este colectivo.


Este ano 2019 a Fundación, en colaboración co concello de Nigrán, impartirá un Programa Formativo de Restaurante-Bar nesta vila a partir do vindeiro mes de maio. Esta iniciativa conta cun total de 200 horas dirixidas a que as persoas participantes adquiran os coñecementos necesarios para o ámbito da restauración, catering, bares e cafeterías: asistir no servizo e preparar e presentar bebidas sinxelas e comidas rápidas, executando e aplicando operacións, técnicas e normas básicas de manipulación, preparación e conservación de alimentos e bebidas.


O número total de persoas beneficiarias será de 15, sendo o perfil buscado o de persoa desempregada con interese en formarse neste sector. O curso comeza o luns, 6 de maio e durará ata a primeira semana de xullo. Neste período inclúese o tempo de prácticas profesionais non laborables, que durarán un mes (horario variable segundo a empresa). A parte de formación será de 09:30 a 14:00 horas en Nigrán e incluirá tamén módulos de Igualdade, Servizo Responsable ou Busca Activa de Emprego).

 

Inscrición e proceso de selección
As solicitudes para participar poden realizarse ata o 26 de abril neste formulario, no email incorpora@fundacionerguete.org ou no teléfono 986 253 176 (preguntando por Yolanda Gómez Ambrosio).

 

O proceso de selección de participantes realizarase o 29 e 30 de abril de 2019 no Centro Antena (Avda. Otero Pedrayo 52, Nigrán) de 09:00 a 13:00. Realizarase unha entrevista persoal, valoración de curriculum vitae e situación persoal con respecto ao emprego (duración do desemprego e situación social).


Na entrevista persoal valoraranse aspectos como a motivación da persoa, o seu nivel de  lectoescritura, e á súa traxectoria formativa e/ou profesional.


Todas as acción levadas a cabo dentro do Proxecto de Emprego Inclusivo, promovido pola Deputación de Pontevedra, buscan facilitar a incorporación ou reincorporación ao mercado laboral das persoas participantes, mediante formación ou capacitación técnica e prácticas en empresa, e Itinerarios Individualizados de Inserción, que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Emprego Inclusivo