Cookies

Noticias 

© FEI | 22/11/2019 | Maica Ures, Rosaura Romo e Evancio Ferrero durante a inauguración

Inauguramos en Carballo 'Xeitos de Ver: construíndo masculinidades positivas'

A exposición fotográfica 'Xeitos de Ver' inaugúrase no Pazo da Cultura de Carballo dentro do programa de actividades do 25N

22/11/2019 | Carballo (A Coruña)

O xoves 20 de novembro inaugurouse no Pazo da Cultura de Carballo a exposición “Xeitos de Ver: Construindo masculinidades positivas” que se poderá visitar ata o próximo día 10 de decembro.

 

A inauguración contou coa presenza do alcalde Evencio Ferrero e a Concelleira de Igualdade, Maica Ures, ademais dos tres IES de Carballo quen despois puideron asistir xunto a persoas usuarias da Fundación Érguete á obra de teatro “Golpes”.

 

A exposición nace trala realización dun taller onde as persoas participantes, ademais de recibir formación técnica sobre fotografía, traballaron sobre temas de xénero, como a socialización diferenciada, estereotipos e roles, ou os elementos de comunicación onde se producen esas discriminaciones: familia, escola, publicidade... para despois saír á rúa en varias sesións onde puideron captar baixo a súa óptica esas imaxes, espazos, mobiliario onde era evidente dita discriminación, ou ben, o cambio cara a unha maior igualdade. O resultado de devandito taller é esta exposición de oito paneles que se dividen en diferentes temáticas.

 

O obxectivo non só foi conseguir que as persoas participantes cambiasen a súa perspectiva, ou polo menos, dotarlles dunha visión máis crítica, senón trasladar esa visión ao resto da sociedade. Por que como se dixo na inauguración “o máis importante non é o cambio persoal senón o impulso dese cambio ao resto da sociedade”.

 

Esta xornada fainos especial ilusión porque coincide co inicio da nosa colaboración co Concello de Carballo a través do noso servizo de orientación laboral, dentro do cal e grazas á súa axuda, durante este mes de novembro estamos realizando o taller de “alfabetización dixital e adestramento en competencias para o emprego” formando e achegando os recursos sociolaborales da localidade a 10 participantes, quen tamén puideron acudir á inauguración e a obra de teatro.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere