Cookies

Noticias 

© FEI | 27/06/2016 | Un dos puntos informativos

Diversión sostible

Os días 21 e 22 de xuño tivo lugar na Coruña o servizo á comunidade vinculado ao programa InOut da Obra Social “La Caixa”, que se está a desenvolver coa colaboración da Oficina de Voluntariado da Universidade da Coruña.

14/07/2016 | A Coruña

O servizo baseouse na organización de dous puntos informativos, localizados no CC Marineda City e na Praza de Lugo, onde os alumnos pretenden sensibilizar ás persoas que pasan por eles sobre o exceso de residuos arroxados nas praias durante a celebración do San Xoan.

Para unha mellor visibilización destes puntos, o servizo foi incluído na campaña de sensibilización a-medioambiental #Móllate que o Concello da Coruña realiza a través do Festival Mar de Mres co obxectivo de reducir o lixo nas praias da cidade esa noite.

A campaña consistiu na repartición de trípticos informativos e a subida ás redes sociais de fotos de xente sumándose á iniciativa, pintándose unha onda na cara e portando un cartel con frases animando a manter limpa a cidade durante as celebracións.

O punto situado na Praza de Lugo recibiu a visita da concelleira de medioambiente. Ademais, dous dos nosos alumnos tiveron a oportunidade de participar na campaña a través da furgoneta que o Concello preparou para que circule por toda a cidade sensibilizando sobre o tema.

Foi un éxito porque a xente animouse a participar e a subir fotos ás redes sociais baixo os hastags #sanxoan2016 #mollate #noitemeiga.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora