Cookies

Noticias 

© FEI | 07/12/2023 | Alumnado do curso de preparación das probas de ESO

Comeza o curso de preparación das probas de adquisición do título de Educación Secundaria Obrigatoria

15 persoas participan na formación dende o pasado 4 de decembro

07/12/2023

Dende o pasado 4 de decembro e ata o 16 de maio, a Fundación Érguete-Integración  desenvolve un novo curso de preparación das probas de adquisición do título de Educación Secundaria Obrigatoria, que nesta ocasión conta cun total de 15 alumnos e alumnas.

O curso, incluído nas actuacións que a Fundación desenvolve a través da colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, lévase a cabo na sede da entidade de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Este tipo de formacións teñen como obxectivo fundamental aumentar os niveis competenciais das persoas participantes, así como o posterior acceso a outro tipo de certificacións profesionais que posibiliten a súa incorporación e permanencia no mercado laboral. Para isto, trabállanse diversos contidos en catro grandes ámbitos: o lingüístico, o social, o científico-tecnolóxico e o de igualdade.
 
Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a través da ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Inclusión Social