Cookies

Noticias 

© FEI | 15/02/2018 | Carmen Avendaño con Sari Alabau, militante do PC e IU

Charla sobre 'Narcotráfico: Consumo e represión - Valoración social do problema' por Carmen Avendaño en Ferrol

Análise da situación actual dos clanes da droga e da efectividade do sistema penitenciario

15/02/2018 | Ferrol

Onte pola tarde, a presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avendaño, estivo no Ateneo Ferrolán con motivo da presentación da revista nº41 da Asociación Cultural Fuco Buxán. No coloquio titulado 'Narcotráfico: Consumo e Represión - Valoración social do problema', a nai coraxe destacou a agresividade e violencia coa que algúns clans actúan nos derradeiros meses, facendo referencia aos disparos efectuados contra varios policías, aos que feriron, por integrantes da banda liderada polo narco galego Sito Miñanco e que foi recentemente desmantelada.

Destacou que o modus operandi deste tipod e clans funciona coa creación de equipos de traballo con rapaces e rapaces moi novos e que, en palabras textuais da propia Carmen, "están abocados a ter unha vida moi dura". Por iso, ó seu xuízo, o narcotráfico debería ser considerado un crime contra a humanidade e aclamou o feito qde que nos derradeiros anos se lexislara positivamente ó respecto.

A pesar destas modificacións no Código Penal, Carmen Avendaño recalcou incisivamente que sen o movemento asociativo que tivo lugar en Galicia nas últimas décadas do século pasado, ese mundo "estaría tomado por xente moito máis agresiva".

Os asistentes ó coloquio quedáronse impresionados coa profundidade das súas palabras.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias