Cookies

Noticias 

© FEI | 01/03/2024 | As oito persoas participantes reciben formación en competencias dixitais

Oito persoas internas do CIS de Vigo participan no Programa de apoio á inclusión sociolaboral no medio penal

O grupo recibirá formación e orientación para mellorar as súas competencias dixitais, persoais e laborais

01/03/2024

Durante os meses de febreiro e marzo, un grupo de sete internos e unha interna do Centro de Inserción Social de Vigo están a realizar tres talleres competenciais, cun total de trinta horas de duración: competencias dixitais, competencias persoais e procura de emprego.

O programa articúlase a través dun servizo de Orientación Laboral, dende o que os e as participantes acceden a un itinerario personalizado. Este itinerario conta con accións individuais e grupais que permiten mellorar o perfil de empregabilidade e potenciar aquelas competencias persoais e laborais que facilitarán a reinserción social e laboral.

Nesta ocasión, as oito persoas atópanse xa nun momento de condena avanzado e, a maioría delas, levan meses en proceso de procura de emprego. Deste xeito, a formación ven a reforzar o proceso e aumenta as expectativas de éxito.

Esta acción enmárcase no Programa de apoio á inclusión sociolaboral no medio penal, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Apoio á inclusión sociolaboral en medio penal