Cookies

Noticias 

© XSolidaria.org+FEI | | Banner Campaña X Solidaria 2023

Campaña da X Solidaria 2023 #LlámaloXSolidaria

Fundación Érguete-Integración únese á campaña para solicitar á poboación que marque a X Solidaria na súa declaración da renda

01/04/2023

O 1 de abril comeza a campaña da X Solidaria 2022, este ano baixo o lema #LlámaloXSolidaria. Unha iniciativa pola que se pretende chegar a toda a poboación e animala a marcar a X Solidaria na declaración da renda para así axudar ás entidades sociais.

A intención da campaña é transmitir a importancia de marcar a X Solidaria e así animar a que as persoas marquen a casiña 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da renda. Con iso, o obxectivo final é que o 0,7% dos impostos de cada persoa destínense a programas desenvolvidos polas ONG para axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade, sen custo económico para a cidadanía.

Cifras de 2022

En toda España a campaña da renda do ano pasado recaudou 386.865.000 euros grazas a que 11.733.662 persoas marcaron a X Solidaria na súa Declaración, un 53% do total.
 
A xestión dos cartos recadados realízase entre a Administración Xeral do Estado e as CC. AA. e repártese entre os diversos proxectos concedidos ás ONG, grazas a cuxo traballo se fai chegar a millóns de persoas que o necesitan.
 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias