Cookies

Noticias 

© XSolidaria.org | 01/04/2022 | Campaña X Solidaria 2022

Comeza a campaña da X Solidaria 2022 #MarcarLaXesLoNormal

Fundación Érguete-Integración únese á campaña para solicitar á poboación que marque a X Solidaria na súa declaración da renda

04/05/2022

O 1 de abril comeza a campaña da X Solidaria 2021, este ano baixo o lema #MarcarLaXesLoNormal. Unha iniciativa pola que se pretende chegar a toda a poboación e animala a marcar a X Solidaria na declaración da renda para así axudar ás entidades sociais.

A intención da campaña é transmitir a importancia de marcar a X Solidaria e así animar a que as persoas marquen a casiña 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da renda. Con iso, o obxectivo final é que o 0,7% dos impostos de cada persoa destínense a programas desenvolvidos polas ONG para axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade, sen custo económico para a cidadanía.

Cifras de 2021

En toda España a campaña da renda do ano pasado recaudou 386.865.000 euros grazas a que 11.646.682 persoas marcaron a X Solidaria na súa Declaración, un 54% do total.
 
Os cartos recadados destínanse integramente a proxectos concretos que se presentaron previamente as diferentes convocatorias da Xunta de Galicia nos departamentos de Política Social, Igualdade e Sanidade.
 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias