Axenda de actividades

© FEI | 12/09/2023 | Cartel Jornada permiso trabajo por cuenta propia 2023

XORNADA 'Obtención do permiso de traballo por conta allea'

Dende Fundación Érguete-Integración organizamos unha xornada sobre 'Obtención do permiso de traballo por conta propia', dentro do Programa Punto de Autoemprego Incorpora promovido pola Fundación ”la Caixa”

- 05/10/2023 | Vigo

Esta xornada estará dirixida a profesionais que queren adquirir ou aumentar os seus coñecementos en estranxería e a persoas migrantes con interese en coñecer o procedemento de arraigo social por conta propia. Será o 5 de OUTUBRO de 10:00 a 12:30h no Salón de actos da Casa Galega da Cultura.

Nela trataranse os seguintes temas:

  • Criterios de aplicación en conta propia do Reglamento de Estranxería
  • Afectación a emprego do novo reglamento protección internacional
  • Documentación necesaria para a obtención da autorización de traballo por conta propia
  • Perfís: solicitante de protección internacional, estudantes, residencia non lucrativa ou con traballo por conta allea
  • Preparación do expediente por conta propia: concepto de escalabilidade documental
  • Adecuación do plan de negocios a estranxería
  • Casos prácticos e preguntas frecuentes


Se estás interesada/o en asistir, non dubides en contactar con Marta Alonso Lorenzo a través do 986253176 ou do correo electrónico (erguete.pai@gmail.com). Tamén podes inscribirte directamente en:

https://cutt.ly/Bwc3ZQE

Lugar de celebración:

Casa da Cultura Galega (Praza da Princesa, 2. 36202, Vigo)

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora