Cookies

Noticias 

© Bret Hartma TED | 02/12/2020 | Wanda Díaz Merced

Wanda Díaz, a astrofísica portorriqueña que escoita as estrelas

Gurabo, Porto Rico

03/12/2020 | Puerto Rico | Porto Rico

Wanda Díaz perdeu a vista con 20 anos, co que os seus soños de estudar as estrelas víronse truncados ata que descubríu a sonificación, unha forma de transformar datos en audios. Desta forma, percatouse de que para estudar as estrelas xa non tiña que velas, podía escoitalas coma se dunha radio estelar se tratara.

Wanda Díaz Merced estudaba física na unversidade cando, por un problema de saúde, perdeu a vista. Así, buscou posibles alternativas para traballar como astrofísica ata que deu coa sonificación, unha ciencia que traduce datos numéricos en sinais de son, e que permite percibir cambios sutís nalgúns patróns numéricos (os cales serían máis complicados detectar coa vista).

Mediante a sonificación, esta astrofísica portorriqueña pudo estudar fenómenos como a emisión de ondas electromagnéticas gamma e raios X producidas por estrelas que cambian; e o seu coñecemento en ciencias de computación permitiulle programar sistemas coma o X-Sonify.

En 2005 conseguíu entrar nun programa de ciencias espaciais, e ao ano seguinte foi aceptada nun programa da NASA nomeado Instituto de Verán en Aplicacións de Enxeñaría e Computación. Tamén recibíu unha beca da Harvard-Smithsonian, outorgada polo comité das mulleres en ciencias; e, no marco do seu doutorado, foi galardoada por Google cunha beca europea para estudantes con discapacidades.

Todo isto, permitiulle facer experimentos para ver se as técnicas que sonificación que desenvolveu, xunto á percepción visual, poden mellorar a calidad dos datos. A día de hoxe, Díaz Merced explora o sistema solar dunha forma única.

Ao ser preguntada sobre qué consello daría a outras rapazas que poden ter problemas de confianza debido a unha discapacidade física, Díaz Merced dixo: "Nunca renuncies aos teus soños. Date a tí mesma a oportunidad da túa vida. Calquera con dedicación, disciplina e con bo corazón pode alcanzar o seu obxectivo".

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia