Cookies

Fai voluntariado

O teu tempo pode cambiar vidas

O voluntariado na Fundación Érguete-Integración é unha forma directa de apoiar a persoas vulnerabilizadas. Colaborar connosco significa implicarse en procesos reais de transformación persoal e comunitaria.

Buscamos persoas comprometidas

Buscamos persoas comprometidas, dispostas a compartir o seu tempo, habilidades ou coñecementos en accións concretas: apoio e  acompañamento na inserción social e laboral, actividades de sensibilización, participación en campañas, etc.

Ofrecemos formación e acompañamento

Ofrecemos formación, acompañamento e un entorno onde cada achega conta. Ti decides como e cando colaborar. Nós garantimos un voluntariado útil, respectuoso e con sentido.
 
Se cres nunha sociedade máis xusta, aquí podes actuar.
 
* Envía un correo co teu nome e apelidos, teléfono de contacto e área ou programa no que che gustaría participar a voluntariado@fundacionerguete.org
      Imprimir