Cookies

Noticias 

© FEI | 02/12/2022 | Visita á Empresa FINSA

Visita á empresa FINSA en A Coruña

A empresa FINSA acolliu a un grupo de persoas usuarias da Fundación Erguete- Integración, que están a traballar súas competencias laboráis, para mostrar sus instalacións, contar a súa filosofía do traballo e dar un taller de preparación de entrevistas de selección.

02/12/2022 | A Coruña

A Fundación Erguete Integración tivo a oportunidade de realizar unha visita guiada aos servicios centrais da empresa FINSA cun grupo de persoas usuarias privadas de liberdade que están a traballar as competencias laboráis e persoais para mellorar a súa empleabilidade.

A actividade que nos ofrece a empresa FINSA non só inclúe a visita as súas instalacións sino que tamén acompáñase cun taller de emprego impartido polo persoal de recursos humanos.

Estas acción ofrecéronse a dous grupos de persoas usuarias da entidade, un proveninte do centro penitenciario de Teixeiro e outro do Centro de Inserción social de A Coruña (C.I.S.).

O mércores 30 de novembro, os dos grupos visitaron os servicios centrais da empresa e tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man ás fases de elaboración dos productos que fabrican, os postos de traballo requeridos e as competencias vinculadas a cada un.

Pola tarde, o grupo que viña dende o C.P. Teixeiro quedouse para realizar un taller de emprego organizado polo departamento de recursos humanos de FINSA. Nesta sesión, adestrouse ós/ás participantes na realización de entrevistas de traballo tanto online como telefónicas e presenciais.

O grupo de participantes do C.I.S. realizará dito taller o 18 de xaneiro de 2023, cando o persoal de recursos humanos de FINSA trasladarase ao C.I.S. para impartilo.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere