Cookies

Noticias 

© FEI | 05/05/2017 | Vinte e cinco usuarios de Itinere, internos no CIS A Coruña, visitan o estadio de Riazor.

Visita ao estadio de Riazor

Vinte e cinco usuarios da Fundación Érguete-Integración, internos no CIS A Coruña, visitan o estadio de Riazor.

05/05/2017 | A Coruña

Onte tivo lugar a segunda parte do programa “Os Nosos Valores”, que leva a cabo o C.F. Deportivo da Coruña en colaboración coa Fundación Érguete con internos do Centro de Inserción Social de A Coruña.

Vinte e cinco usuarios da Fundación asistiron a unha visita guiada do estadio de Riazor. Pasaron polos vestuarios, o campo, a tribuna, a sala de prensa, etc. Deixáronlles sacarse fotos cos trofeos e no campo mentres atendían á explicación sobre a historia do club.

O programa terminará este fin de semana, cando os participantes acudan ao estadio a ver competir ao Deportivo contra o Espanyol.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere