11/10/2017 | Vigo
23 emprendedores/as asistiron a este taller organizado pola Fundación Érguete-Integración e impartido por Inmaculada Rodríguez Cuervo.
1 de 1
© FEI
Este luns 9 de outubro desenvolveuse o taller VIABILIDADE DA IDEA DE NEGOCIO na sede da Fundación Érguete-Integración, enmarcado nas actividades do Punto de Autoemprego Incorpora promovido pola Obra Social “la Caixa”, ao que asistiron 23 posibles emprendedores/as.
No que vai de ano este programa atendeu a 79 persoas con inquedanzas emprendedoras e asosorou e colaborou na creación de 20 novas empresas, 8 das cales recibiron financiación de Microbank, grazas ao acordo que a Obra Social “la Caixa” ten con dito banco para apoiar proxectos de autoemprego.
Inmaculada Rodriguez Cuervo, directora de Emociacción, que foi Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia (2001-2005) e na actualidade é auditora social, "emocionalista" e multi-empresaria, impartiu este taller de maneira desinteresada, ofrecéndolle os asistentes as claves para que a sua idea de negocio sexa viable.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801