Cookies

Noticias 

O proxecto Verbas favorece a difusión de información sobre VIH e Hepatite C

O proxecto Verbas adícase á atención a persoas drogodependentes e/ou en situación de exclusión social severa

14/07/2021 | Vigo

O proxecto Verbas adícase á atención a persoas drogodependentes e/ou en situación de exclusión social severa, levando a cabo iniciativas co propósito de favorecer a difusión de información relativa á VIH e Hepatite C. Está promovido pola Concellería de Política de Benestar Social do Concello de Vigo, ao abeiro da convocatoria de subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro, para a realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2021.


Dende o 2018, a finalidade do proxecto é favorecer a transmisión de información actualizada sobre estas dúas enfermidades: dar a coñecer os novos tratamentos, os avances respecto á consecución da carga viral indefectible e seguir facendo fincapé nos métodos de prevención e nas prácticas de risco. Así mesmo, pretendemos tamén favorecer a redución do estigma social e potenciar que as persoas seropositivas beneficiarias desta formación acaden unha idea positiva de si mesmas.


Desenvólvese de marzo o outubro de 2021 en Vigo, e ao redor de 30/40 persoas serán as beneficiarias dun proxecto que conta con profesionais do sector para promover a asunción persoal de medidas preventivas para evitar a transmisión do virus e fomentar a diminución do estigma asociado a estas enfermidades.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo