Cookies

Noticias 

Fundación Érguete–Integración participará no grupo de traballo ADICIÓNS e VIOLENCIA DE XÉNERO de UNAD

UNAD crea un novo grupo de traballo financiado cos fondos do Plan Nacional Sobre Drogas.  

06/02/2017 | Madrid

UNAD, a Unión de Asociacións e Entidades de Atención ao Drogodependente, constituída en 1985, é unha organización non gobernamental, sen ánimo de lucro, que intervén no ámbito das drogodependencias e os problemas derivados das mesmas. Engloba a máis de 250 entidades, entre as que se atopa a Fundación Érguete-Integración, todas compartimos uns criterios mínimos de organización e actuación.

Fundación Érguete, presentou a principios de 2017 a candidatura dunha das súas traballadoras experta en Xénero e Adiccións á convocatoria de constitución do grupo de traballo “Adiccións e Violencia de xénero”. Recentemente UNAD confirmou a representación de Fundación Érguete neste proxecto enmarcado na convocatoria con cargo ao Fondo de bens decomisados por tráfico ilícito de drogas e outros delitos relacionados, financiado polo Plan Nacional Sobre Drogas. A primeira sesión de traballo terá lugar o 23 de febreiro na sede de UNAD en Madrid.

Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere