Noticias
© FEI | 05/09/2023 | Trabajo de los internos de Ourense en los talleres medioambientales
O traballo medioambiental das sesións en Pereiro
Os internos de CTI están a participar en novas actividades, esta vez, sesións de concienciación medioambiental
05/09/2023 | Ourense
Estes son algúns dos traballos que están a realizar os internos de CTI en Ourense.
Este grupo, tras a súa participación nas actividades de Súmate e traballar para construír unha masculinidade máis sá, están a participar nunhas novas sesións de traballo medioambiental programadas polas nosas técnicas do Programa Itínere para seguir colaborando con esta unidade de tratamento.
Para comezar a desenvolver os seus valores medioambientais e a súa ética animalista, empregaron o documental Blackfish, que analiza as vidas das orcas nos parques acuáticos e amosa as consecuencias, moitas veces tan nocivas, de manter ás criaturas en cautividade.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere