Cookies

Noticias 

© FEI | 19/10/2020 | Cartel talleres de e-Administración

Aberta a inscrición aos talleres de e-Administración da Fundación Érguete-Integración

Os talleres realízanse nunha sesión dun día durante tres horas e están abertos a todo o público

19/10/2020 | Vigo

A Fundación Érguete-Integración levará a cabo próximamente na súa sede de Vigo talleres de e-Administración, é dicir, talleres informáticos e dixitais sobre o acceso á administración electrónica dirixidos a toda a poboación.

As administracións estanse a adaptar cada día para levar os seus servizos á rede a través da chamada administración electrónica. Neste contexto, a sociedade necesita ter certos coñecementos informáticos que lles permitan acceder a ditas plataformas, cuestión que víuse especialmente reflictida durante a pandemia polo Covid-19.

Neste marco, a Fundación Érguete-Integración púxose en marcha para crear un taller co que ensinar ás persoas que precisan formación específica para acceder aos servizos de administración electrónica. Os primeiros talleres foron destinados exclusivamente a mulleres e realizáronse entre setembro e outubro en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Tras isto, estes novos talleres estarán abertos a todo o público.

Os contidos ofrecidos nesta formación abranguen os tipos de acceso á e-Administración (que é, para que serve, onde se obtén, como funciona, etc.), solicitude de cita previa, xestións telemáticas, APP's da administración pública e uso do teléfono móbil como lector de DNIe.
 
Os talleres realízanse nun único día durante 3 horas e os grupos constan dun máximo de 8 persoas. Aquelas persoas interesadas en asistir deben encher un formulario indicando os seus datos persoais e dispoñibilidade, tralo que o persoal da Fundación Érguete-Integración organizará os grupos e porase en contacto coas persoas participantes.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Ciber Emprego