Infórmate > Noticias 

Noticias 

Ciber Caixa Solidaria en Réxime Aberto
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

26/10/2017 | Vigo

Alumnado do programa Reincorpora participa nun taller de Alfabetización dixital co Voluntariado de ASVIGAL.

1 de 1

O pasado 18 de outubro acompañamos a un grupo de internos e internas do Centro de Inserción Social de Vigo,  na presentación do Programa "Ciber Caixa Solidaria en Réxime Aberto". Entre os asistentes á formación atópanse  cinco participantes do Programa Reincorpora.

O obxectivo do programa, ademais de fomentar a formación dixital e a educación intergeneracional dos internos/as, é promover a función integradora e activa das persones maiores. Desta forma, preténdese impulsar relacións de confianza e de apoio mutuo nun momento de vulnerabilidade para os/as residentes de réxime aberto, que se enfrontan ao reencontro coa vida cívica, familiar, social e laboral.

O taller dixital desenvolverase ata o mes de Decembro na Ciber Aula do Centro Sociocultural de O Calvario, en Vigo.

Tivemos ocasión de coñecer á Coordinadora de Voluntariado deste programa Sita Puime, a un dos voluntarios de ASVIGAL Xullo Pérez e a Paula González Coordinadora Territorial de voluntariado persoas maiores Galicia. 

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Incorpora

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA