Cookies

Noticias 

© Science History Institute | 31/07/2020 | Stephanie Kwolek

Stephanie Kwolek, a química creadora do material dos chalecos antibalas

31 de xullo de 1923 en New Kensington, Pennsylvania (Estados Unidos) - 18 de xuño de 2014 en Wilmington, Delaware (Estados Unidos)

31/07/2020 | Estados Unidos

Stephanie Kwolek foi unha química recoñecida por crear o Kevlar, unha fibra empregada para fabricar chalecos antibalas, materiais aeroespaciais, canoas e elementos de construcción.

Nada o 31 de xullo de 1923 en New Kensington, Pennsylvania (Estados Unidos), Kwolek licenciouse en química e axiña comezou a traballar nunha empresa na que desenvolveu centos de novos polímeros. Converteuse así nunha pioneira neste mundo, predominantemente masculino.

En 1965 realizaba un dos seus experimentos cando achou resultados que considerou nun primeiro intre como erróneos. Ese descubrimento sentaría as bases do Kevlar, unha nova fibra moi lixeira e cinco veces máis forte ca o aceiro.

Inicialmente a fibra descuberta empregouse para facer neumáticos pero na actualidade emprégase en elementos espaciais, cables submariños, cascos, frenos de automóviles e chalecos antibalas. Desta forma, esta fibra xera millóns de dólares cada ano.

Kwolek chegou a sumar 17 patentes, recibíu a Medalla Nacional de Tecnoloxía e Innovación e foi a cuarta muller en ser recoñecida no Salón da Fama de Inventores de Estados Unidos. Morreu en 2014 en Delaware, EEUU, cando tiña 90 anos de idade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia