Infórmate > Noticias 

Noticias 

Manifesto Día Internacional de Loita contra o Tráfico Ilícito de Drogas
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

26/06/2017 | Vigo

Fundación Érguete-Integración como membro de UNAD, adherímonos ao Manifesto do Día Internacional de Loita contra o Tráfico Ilícito de Drogas.

Coincidindo co Día Internacional de Loita contra o Tráfico Ilícito de Drogas, UNAD, a rede europea de atención ás adiccións, reivindica un ano máis a importancia de colocar ás persoas no centro de toda acción institucional e de calquera política de drogas. 

Desde UNAD contemplámola en todas as súas dimensións, de forma integral e non por partes.  Entendemos que o obxectivo é atender o lado biolóxico da adicción, sen esquecer as circunstancias persoais, as psicolóxicas e a contorna.

É necesario que se brinde maior apoio ás persoas con problemas de adiccións para romper o círculo de exclusión  que as oprime e evitar, dese modo, que o elo máis fráxil desta cadea sexa o máis castigado.

Neste 26 de xuño queremos referirnos, en especial, a un dos colectivos  máis fráxiles de cuantos representamos: a poboación de menores con problemas de consumo de alcol.

Aínda que existe preocupación social en torno ao binomio alcol e menores, a realidade é contraditoria xa que beber está ben visto. De feito, os grandes acontecementos sociais e culturais do mundo adulto celébranse con alcol.

Para afrontar este problema desde UNAD consideramos fundamental investir en accións de prevención do consumo de alcol en menores. Ademais, pedimos que se incorpore a perspectiva de xénero en calquera acción preventiva para que así se obteñan resultados efectivos para ambos.

Desde UNAD, solicitamos tamén a intervención con menores non só desde o ámbito da prevención, tamén desde a redución de danos, a asistencia e a reinserción social. 

Finalmente, solicitamos especial consideración co colectivo de menores vulnerables (que cometeron infraccións, que están en centros asistenciais ou se atopan en risco de exclusión).

O problema das adiccións forma parte da nosa sociedade  a calquera idade e está presente en todos os países, para poder atendelo con eficacia é necesaria a implicación da cidadanía, de todos os axentes implicados na educación e do maior apoio institucional.

Arquivada en:

Quen somos > Misión, visión e valores
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA