Cookies

Noticias 

© FEI | 13/10/2016 | Servizo solidario REincorpora: taller de pan e galletas sen glute. Outubro 2016.

Taller de pan e galletas sen glute

Como parte do servizo solidario exposto para un grupo de participantes REincorpora, no itinerario Axudante de Panadaría, realizamos o pasado venres 7 de outubro en APROINPPA un taller práctico de masas sen glute.

13/10/2016 | Vigo

A finalidade desta actividade consistiu en informar o resto de alumnado participante na formación do Punto Formativo Incorpora, especialidade Axudante de Panadería, sobre a enfermidade celíaca. Para iso, o grupo REincorpora reuniuse previamente cunha representante da Asociación Celíacos Galicia e recolleron toda a información necesario sobre a celiaquía, para posteriormente transferir esta información ao resto de alumnos e alumnas do curso.

Despois de compartir a información con todos os compañeiros e compañeiras, realizaron prácticas con masas sen glute, de modo que os futuros panadeiros e panadeiras experimentasen as diferenzas que existen. Ao principio foi complicado, xa que o que confire a textura elástica e fai, por tanto, a masa máis manexable, é a proteína coñecida como glute. Os tempos de repouso tamén varían en relación a outras fariñas coa proteína, así como a mestura de fariñas que se utilizan para mellorar o sabor e textura do pan ou galletas. O resultado foron unhas galletas tipo Té e uns bolos de pan que nada tiña que envexar aos que conteñen glute.

Acompañamos dunhas imaxes e vaia nosa felicitación aos 20 alumnos/as do curso.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora