Cookies

Noticias 

© FEI | 03/05/2022 | SERVIZO SOLIDARIO MONTEALTO

Xoguetes realizados por persoas privadas de liberdade chegan a un cole do barrio de Montealto na Coruña

Persoas internas no Centro Penitenciario de Teixeiro participan nun servicio solidario organizado pola Fundación Erguete Integración.

03/05/2022 | A Coruña

Desde o ano pasado a Fundación Érguete- Integración pon en marcha un servizo solidario colaborando con algúns talleres ocupacionais do Centro Penitenciario de Teixeiro.

Nesta ocasión a actividade desenvolveuse no módulo 1, onde persoas que están traballando en itinerarios de inserción sociolaboral co equipo de Fundación Erguete, realizaron xogos para o alumnado dun CEIP do barrio de Montealto da Coruña.

Xoguetes, que tanto o equipo docente como o alumnado acolleu con moita alegría, como se ve nas fotos que mandaron. Ademais,trasladáronnos a importancia desta donación ao conseguir dar máis oportunidades de xogo nos espazos comúns, especialmente cando chove, que lles levan a un espazo pechado, no que, ata o momento, non tiñan moitas opcións.

Esperamos que esta colaboración mantéñase no tempo, polo enriquecedora que é para as dúas partes, por unha banda, desde o Centro Penitenciario onde os/as participantes séntense máis útiles ao saber que traballan para cubrir unha necesidade, e polo outro, ao mellorar os seus espazos de lecer e contribuír a unha convivencia máis igualitaria.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere