Infórmate > Noticias 

Noticias 

A empregabilidade das persoas con adiccións, tema central do próximo seminario de UNAD
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

31/05/2023 | Pamplona

Fundación Érguete moderará nunha das mesas desta xornada que se celebrará o xoves 1 de xuño e incluirá ponencias e intercambio de experiencias

1 de 1

UNAD, la Red de Atención a las Adicciones, organiza o próximo xoves 1 de xuño o seminario ‘Empleabilidad y adicciones: la incorporación sociolaboral frente a la exclusión social’. O evento pretende abrir un espazo para o encontro e intercambio entre profesionais do ámbito das drogodependencias e contribuír ademais ao impulso de vías de colaboración entre todas as partes implicadas na incorporación sociolaboral das persoas con adiccións.

Unha das nosas técnicas de emprego, Maite Pena Rodríguez, moderará a mesa de debate sobre a visión das distintas partes implicadas na contratación laboral con Eva Ontoria Del Cura, a directora do Servicio de Fomento del Empleo y Servicios a Empresas del Servicio Navarro de Empleo, Juan Ignacio Eseverri Castiella, o responsable das Instalaciones deportivas del Valle de Egüés e a psicóloga Cristina Martín Goñi, en atención psicoeducativa e inserción social na Asociación ACOAD Servicios Asistenciales.

A partir das 9:30 horas, distintas figuras de La Red de Adicciones, outros ámbitos do terceiro sector e varios organismos públicos tomarán a palabra dende o escenario do salón de actos da Fundación Caja Navarra. Tamén pode asistir onlinePara acceder a unha das prazas dispoñibles é necesario preinscribirse aquí.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA