Infórmate > Noticias 

Noticias 

Fundación Érguete súmase á Semana Europea da Proba Rápida
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

18/05/2023

Con campañas de cribado e mesas informativas en todas as nosas instalacións 

1 de 1

A Semana Europea da Proba é unha campaña que anima a organizacións sen ánimo de lucro, a institucións políticas e á comunidade que traballa co coidado da saúde en xeral para unir forzas na difusión, sensibilización e promoción da concienciación nos beneficios de realizar probas temperás de VIH, Hepatite e outras ITS.

Esta iniciativa progresou dende o seu inicio no 2013 e creceu ata ser un acontecemento europeo amplamente recoñecido e con centenares de organizacións participando cada ano.

Este ano na Fundación Érguete para conmemorar esta semana e contribuír a achegar a prevención, o diagnóstico e o tratamento do VIH, Hepatite e demais ITS, realizáronse campañas de cribado e dispuxéronse mesas informativas en todas as instalación nas que traballa o Programa Sísifo (Vigo, A Coruña e Marín) durante toda a semana.

Dende o programa recordan que para todas as persoas interesadas en realizar estas probas (VIH e VHC) SEMPRE poden solicitalas na Fundación e realizaranse de maneira GRATUÍTA, ANÓNIMA E CONFIDENCIAL. Para recibir máis información, podedes contactar no teléfono 698 119 803 ou no correo electrónico sisifo@fundacionerguete.org

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA