Infórmate > Noticias 

Noticias 

Selma Lagerlöf, a primeira Nobel de literatura
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

24/11/2022

Importante defensora dos dereitos das mulleres e activa militante do movemento sufraxista recibiu o premio en 1909.

Selma Lagerlof, a primeira Nobel de literatura

Selma Lagerlöf (1858-1940) foi unha escritora sueca, así como unha activa feminista e militante do movemento sufraxista sueco.

Ao nacer sufriu un problema de cadeira que lle obrigou a levar unha vida sedentaria, polo que se afeccionou á lectura, levándolle a escribir poesía xa con doce anos. As anotacións no seu diario da súa etapa de adolescente xa deixan constancia do seu pensamento fóra do patrón patriarcal establecido: “non nacín para o matrimonio, non me interesan os quefaceres domésticos, ademais de ser torpe na cociña e peor no bordado”.

Debido a que a situación económica familiar cada vez ía a peor, entendeu que debía aprender unha profesión para poder manterse a si mesma e decidiu estudar maxisterio para o que conseguiu un crédito bancario. En 1885 iniciaba a súa carreira como mestra nunha escola rural para nenas, á vez que escribía poemas e contos curtos.

No outono de 1866 recibiu unha carta de Estocolmo, pois antigas compañeiras de Selma enviaran algúns dos seus textos á revista literaria feminista Dagny que espertaron a curiosidade da baronesa Adlersparre, a figura principal do movemento feminista sueco.

Neste período gaña un concurso dotado con 500 coroas, e a súa mentora e amiga a baronesa feminista conseguiulle unha bolsa para que se puidese adicar á escritura a tempo completo.

A partir do seu libro A lenda de Gösta Berling, Lagerlöf gozou dunha longa serie de éxitos. O libro tivo unha morna acollida, pero dúas mulleres danesas da Asociación Feminina de Lectoras traduciron e publicaron o libro en Dinamarca onde foi un gran éxito que arrastrou tamén ás lectoras suecas.

En 1894 Selma coñeceu a Sophie Elkan, coa que compartía o oficio de escritora e o compromiso coa emancipación da muller. Nela atopou a súa alma xemelga e converteríase na súa amiga para sempre. Viaxaron xuntas a diversos lugares, estas experiencias servíronlle para contextualizar varias das súas obras.

En 1909 a Academia Sueca decidiu entregar a Selma Lagerlöf o Premio Nobel de Literatura, e ingresou na Academia sueca en 1914.

Durante a súa vida foi unha loitadora e defensora dos dereitos das mulleres, e os últimos anos de vida centrouse en axudar a escritores e escritoras alemáns que escapaban do nazismo, utilizou a súa influencia para poder darlles refuxio no seu país (Suecia), así evitou que a poeta alemá Nelly Sachs rematase nun campo de exterminio polaco.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA