Transparencia > Responsabilidade social corporativa

Responsabilidade social corporativa

Desde a Fundación Érguete-Integración promovemos a Responsabilidade Social Empresarial en tres contornas diferenciadas.

Respecto ao colectivo traballador:

  • Xornada continua.
  • Redución xornada en tempada estival.
  • Aplicación de medidas de conciliación.
  • Adhesión ao "Protocolo para a detección e tratamento na entidade de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fora dos lugares de traballo" (2016).
  • Priorización da formación dentro da xornada laboral.
  • Promoción da retención do talento.
  • Formación en Prevención de Riscos Laborais para o persoal de nova incorporación e promoción das revisións anuais de saúde.
  • Enquisa de clima laboral.
  • Promovemos o coidado ambiental.

Respecto de clientes (persoas beneficiarias, empresas e entidades financiadoras):

  • Certificación dentro do modelo de calidade EFQM.
  • Selo de compromiso para a Excelencia Europea +200 EFQM (2009).
  • Selo de Excelencia Europea +300 EFQM (2011).
  • Renovación Selo de Excelencia Europea +300 EFQM (2014, 2016 e 2018).
  • Cumprimos coa Lei de Protección de Datos.
  • Adhesión ao Consello Asesor de Pacientes da EOXI de Vigo, Consellería de Sanidade-SERGAS da Xunta de Galicia (2017).
  • Adhesión ao Pacto Social pola non discriminación e a igualdade de trato asociada ao VIH, Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social (2019).
  • Cláusulas de confidencialidade do noso persoal na aplicación das súas funcións.
  • Alumnado protexido por Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.
  • As accións de prácticas non laborais en empresas son comunicadas á Inspección de Traballo e Seguridade Social.
  • Convenios de colaboración con empresas e agrupacións empresariais.
  • Achegamos ás empresas conceptos da Responsabilidade Social Empresarial, como integración laboral.
  • Todas as nosas intervencións son gratuítas.
  • Promovemos que o colectivo beneficiario acceda ao persoal da Entidade cando existen vacantes e perfís compatibles.
  • Avaliación do grao de satisfacción nas nosas colaboracións con clientes.

Sociedade

  • Somos asinantes do Pacto Mundial de Nacións Unidas desde o ano 2010.
  • Colaboración en rede en diferentes esferas.
  • Participamos en charlas, relatorios, xornadas para tratar de difundir a nosa actividade e visualizar ás persoas coas que traballamos.
  • Realizamos un boletín de información para o emprego que remitimos bimestralmente ás empresas, con información de interese entre a que se atopa a promoción da Responsabilidade Social Empresarial na empresa.
  • Buscamos provedores socialmente responsables.
  • Promovemos o coidado ambiental.
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 4

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA