Infórmate > Noticias 

Noticias 

Reina Torres de Araúz, a antropóloga pioneira da exploración en Panamá
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

30/10/2020 | Panamá

30 de outubro de 1932 na cidade de Panamá, Panamá - 26 de febreiro de 1982 en Panamá

1 de 1

Reina Torres de Araúz é considerada a pioneira da antropoloxía e da exploración en Panamá. Pese a que faleceu con 49 anos, foi autora de varios libros, redactou máis de 70 artigos históricos, ecolóxicos e antropolóxicos, e fixo unha grandísima contribución á historia e cultura panameñas. Así, é parte da historia das exploradoras recoñecidas mundialmente.

Reina Torres de Araúz naceu o 30 de outubro de 1932 na cidade de Panamá. Conseguíu un profesorado en historia, unha licenciatura en antropoloxía e un certificado de técnica en museos. Así, con 22 anos incorporouse xa ao mercado laboral, realizando o seu primeiro traballo profesional como antropóloga co Instituto Indixenista Americano, onde estudou á muller 'kuna' panameña.

En 1959 casou co profesor Amado Araúz (co que tivo tres fillos) e en 1960 xunto ao seu esposo organizou unha expedición que buscaba probar que o lexendario Topón do Darién (rexión selvática e pantanosa panameña que abarca varias comarcas indíxenas) podía ser atravesado con vehículos de motor. Lográrono en menos de 5 meses de expedición e nos seguintes meses Torres de Araúz elaborou investigacións etnográficas entre os chocoes do Darién para preparar a súa tese doutoral.

En 1962 inaugurou o Centro de Investigacións Antropolóxicas da Universidade de Panamá e, cos seus alumnos, iniciou unha investigación sobre varios pobos indíxenas, recorrendo varias rexións do país. En 1963 defendeu a súa tese doutoral na Universidade de Bos Aires e dous anos despois creou dúas cátedras na Universidade Nacional.

Anos máis tarde é nomeada directora do Museo Nacional de Panamá e encargada da Dirección de Patrimonio Histórico do Instituto Nacional de Cultura, onde estivo no cargo durante máis de 10 anos. Mentres, traballou para restaurar varios sitios patrimoniais en Panamá e en 1980 foi nomeada pola Unesco como vicepresidenta do Comité do Patrimonio Mundial e foi tamén a primeira muller nomeada Membro de Número da Academia Panameña da Historia.

A principios dos anos 80 o seu fillo maior faleceu dun cáncer e xusto despois detectáronlle a mesma enfermidade a ela, pola que morrería con 49 anos de idade. Os seus restos foron velados no Museo do Home Panameño e actualmente o principal museo antropolóxico de Panamá leva o seu nome.

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA