Infórmate > Noticias 

Noticias 

Adhesión ao manifesto de UNAD
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

08/03/2017 | Vigo

Compartimos este manifesto de UNAD  (Unión de Asociacións e Entidades de Atención ao Drogodependente) de cara ao 8 de marzo, que reivindica a situación das mulleres con problemas de adiccións.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a rede UNAD quere dar visibilidade á situación que sofren as mulleres con problemas de adiccións, unha realidade marcada pola discriminación en todos  os ámbitos, que condena á maioría á máis profunda inxustiza.

As mulleres con problemas de adiccións son especialmente vulnerables xa que moitas pasaron por situacións complexas nas súas vidas como abusos na infancia, exposición á violencia, malos tratos de todo tipo e, a miúdo, mostran un gran sentimento de culpa e unha baixa autoestima.

A rede UNAD quere advertir que, actualmente, son moi poucos os recursos de atención ás adiccións que teñen en conta as necesidades das mulleres. Tampouco existen programas específicos pensados para elas, por iso consideramos imprescindible darlles visibilidade e telas en conta á hora de deseñar as políticas de drogas.

En definitiva, solicitamos con urxencia programas específicos para as mulleres con problemas de adiccións.

Por outra banda, queremos destacar a importancia de aumentar o número de traballos e investigacións que aborden a  presenza da violencia de xénero entre as mulleres con problemas de adiccións.

Actualmente, soportan unha situación de completa indefensión xa que por unha banda, a rede de atención ás drogodependencias non conta con ferramentas para atender a violencia de xénero. Por outra, os recursos de atención as vítimas de violencia de xénero non se ocupan das mulleres con problemas de adiccións.

UNAD quere advertir que estas mulleres asumen a violencia, padecen o peso do estigma e apenas denuncian os malos tratos. Por iso pedimos que se adopten protocolos e medidas efectivas para tratar a unhas vítimas tan silenciosas, como socialmente silenciadas. A un colectivo que merece atención, protección e plenas garantías por parte do Estado.

Arquivada en:

Quen somos > Misión, visión e valores

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA