Cookies

Itínere

© Xunta, FEI | 28/11/2022 | Logos Xunta, Consellería Sanidade, Itinere

CONMEMORACIÓN 25 N EN C.P A Lama e Pereiro de Aguiar

O Programa ITINERE conmemora o día 25 de Novembro con diferentes actividades e un grupo de internos e internas. 

28/11/2022

A Fundación Érguete – Integración tomou parte nos actos conmemorativos do 25 N nos CC.PP da Lama e Pereiro de Aguiar, a través das actividades organizadas desde o Programa ITINERE.

O 24 de novembro no CP A Lama lembramos esta data cun grupo de mulleres privadas de liberdade cun taller de xogos cooperativos e deseño de pulseiras. A idea principal desta actividade consistiu en trasladar ás mulleres a través do xogo a necesidade e importancia do apoio entre iguais como ferramenta de protección fronte a violencia de xénero. Para iso solicitamos ao CP autorización para utilizar a área deportiva, un espazo moi amplo ao que habitualmente non acceden soas, senón que deben compartilo con internos. A formulación era usar todo o espazo posible que por dereito tamén lles corresponde. Transcorrido o tempo de xogos elaboramos unhas pulseiras con abelorios e fíos de cores, como símbolo do compromiso que adquiren consigo mesmas, ademais de confeccionar unha segunda pulseira para unha muller próxima á que quixesen facerlle chegar unha mensaxe de apoio. Os abelorios con letras conformaron palabras tan bonitas como amor, libre, feliz, eu, entre outras, as pulseiras para agasallo foron presentadas nun sobre de cores deseñado co técnica origami.

O 25 de Novembro, no Centro Penal de Pereiro de Aguiar un grupo de internos e internas do Centro, Funcionariado e Equipo directivo da prisión reuníronse no Salón de Actos do Penal para tomar parte nos actos conmemorativos organizados pola Técnica de emprego do programa ITINERE e un grupo de internos e internas participantes nas actividades e itinerarios do programa. O acto abriu coa presentación dos datos anuais onde se analiza a presenza e impacto da violencia de xénero nas mulleres privadas de liberdade. En 2022, de 46 mulleres enquisas nos CC.PP Galegos, o 52% era vítima de violencia de xénero e o 80% delas foron violentadas pola súa parella.

O alumnado do Curso Auxiliar de Psiquiatría, realizou unha análise do dano psicolóxico que a Violencia de Xénero provoca nas mulleres que a sofren, incluíndo a violencia vicaria. O encontro finalizou coa representación dunha performance que deseñaron e representaron as mulleres do programa, a mensaxe era claro, cando damos as costas á Violencia de Xénero todos e todas somos cómplices.

A nosa ALEGACIÓN, durante estes encontros foi claro; SÓ A través da EDUCACIÓN poderemos eliminar a Violencia de Xénero, así a nosa entidade social  incorporu a transversalidade de xénero en todas as súas actividades , ademais deseñamos un espazo para homes condenados desde o que traballan e cuestionan a masculinidade tradicional na que foron socializados.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere