Transparencia > Plan estratéxico

Plan estratéxico

Plan estratéxico
 
A procura constante da calidade na nosa Fundación reflíctese na redacción do Plan Estratéxico, que supón unha ferramenta de consenso e serve para que traballemos con obxectivos e principios comúns, así como cun marco de acción claro. En 2011 elaboramos o I Plan Estratéxico (2011-2014), en 2015 o segundo (2016-2020), e en 2021 o terceiro (2021-2023), que tras ser aprobado polos membros do Padroado facemos público nos apartado DOCUMENTOS da dereita.
 
Compromiso cos ODS e Axenda 2030

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable foi asinada en 2015 polos xefes de Estado e de Goberno dos países membros de Nacións Unidas. Representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, pondo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz, baixo a lema de "non deixar a ninguén atrás".

Explica como ha de procederse en 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS), que cobren todas as políticas públicas domésticas, a acción exterior e a cooperación para o desenvolvemento. Os ODS son universais, aplícanse por igual a países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento, abordan as raíces da pobreza, a desigualdade e a degradación do planeta, e pretenden ser profundamente transformadores.

Desde a Fundación Érguete-Integración traballamos para axudar ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, xa que temos o convencemento de que hai que actuar mancomunadamente para cumprilos, integrándoos no noso Plan Estratéxico.

 

 

 

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA