Quen somos > Os nosos inicios

Os nosos inicios

O 4 de novembro do ano 1999, constitúese a FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN, coa finalidade de facilitar a inserción social e o acceso ao mercado laboral de persoas con problemas de drogadicción e outros colectivos en risco ou situación de exclusión social: parados de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas recluídas e exreclusas, migrantes e inmigrantes, minorías étnicas. Nun principio o seu labor centrouse na formación ocupacional, a través de Talleres de Emprego e cursos.

 

Co paso do tempo, levando á práctica unha filosofía de “integración” e para evitar guetos de marxinación, a entidade vai crecendo e desenvolvendo novos programas, que abarcan a máis colectivos e amplía o seu ámbito de actuación á comunidade galega, estando vixentes na actualidade, entre outros: Plan Galego de Inclusión Social (2002) hoxe nomeado Inclusión Social, Axente de emprego (2004), Graduado ESO (2004), Ciber Emprego (2006), Programa SISIFO e EIL Cormo Integral, SLU (2006), Programas Incorpora e Itinere (2007), Programa Reincorpora (2011).

 

 

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA