Infórmate > Noticias 

Noticias 

Obradoiro gratuíto de Empoderamento Feminino dentro do Programa Achégate
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

20/03/2019 | Vigo

1 de 1

O vindeiro luns, 1 de abril, dará comezo esta iniciativa organizada pola Fundación Érguete-Integración que xurde co obxectivo de axudar a mellorar a situación persoal das mulleres, reflexionando sobre actitudes, habilidades, roles e estereotipos. Fomentarase a autonomía, así como o empoderamento; que lles permita gañar a confianza necesaria para que se convertan en protagonistas activas do seu propio proceso de integración social e laboral.

 

Este obradoiro encádrase dentro do programa Achégate da Fundación. Este é un servizo de apoio especializado en xénero, que xurde da necesidade de dotar aos programas que desenvolve a entidade dun servizo específico de información, asesoramento, mediación, atención, tramitación e acompañamento ás mulleres. O que se busca é reforzar as habilidades persoais e sociais e as competencias necesarias para mellorar ás expectativas de empregabilidade das mulleres participantes a través deste servizo e de diferentes medidas de apoio e actividades como o Obradoiro de Empoderamento.


O obradoiro será impartido por Mar Fernández Cendón, técnica en Igualdade, consultora en perspectiva de xénero e feminismos e docente especialista en  formación de xénero. Entre a súa ampla experiencia na materia destaca a colaboración como docente e investigadora en institucións como  a Universidade de Vigo ou o Instituto de la Mujer, así como varios concellos e centros educativos galegos. Tamén participou no programa Conectadas da Deputación de Pontevedra e no Plan de formación do persoal da mesma entidade.


Inscribirse nesta actividade é moi sinxelo. As interesadas só terán que enviar un email a itinere.tecnica@gmail.com co seu nome, apelidos e teléfono de contacto.


A actividade levarase a cabo en 9 xornadas; do luns 1 ao venres 5 e do luns 8 ao xoves 11 de abril. O horario será de 10 a 13 horas da mañá e terá lugar na sede da Fundación Érguete-Integración na Avenida de Emilio Martínez Garrido, nº 21, interior (Vigo). O cupo máximo é de 20 persoas. 

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > IGUALDADE > Achégate

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA