Cookies

Noticias 

© FEI | 14/10/2016 | Participación no taller da plataforma GlobalDin para presentar o Programa Incorpora

Presentación Programa Incorpora no Obradoiro GlobalDin

Invitación da Fundación Érguete-Integración a participar nun taller de intercambio entre empresas da plataforma Global Din

14/10/2016 | Vigo

O día 11 de outubro, a nosa Compañeira Silvia Fernández, en representación da Fundación Érguete-Integración que foi convidada a participar nas xornadas de Globaldin, colaborou nun taller para presentar ás empresas participantes o Programa Incorpora e as posibles vías de colaboración con elas, tanto en formación, como asesoramento sobre Responsabilidade Social Empresarial na esfera da integración laboral.

Estas xornadas fanse semanalmente, previa invitación, e nela créase un espazo de intercambio de coñecemento (Networking) e posibles colaboracións entre os asistentes.

A xornada foi valorada como unha oportunidade de difusión do Programa, dentro das liñas de prospección empresarial de Incorpora e unha excelente contorna para favorecer coñecemento mútuo entre as empresas participantes e a Fundación Érguete_Integración.

Nun futuro esperamos colaborar noutro taller, no que Marta Alonso, responsable do PAI, poida presentar ás empresas asistentes, o programa de Autoemprego Incorpora dirixido a emprendedores e persoas con iniciativa e interese en levase a cabo a súa propia idea de negocio.

Arquivada en:
Empresas > Responsabilidade Social Empresarial
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Incorpora