Infórmate > Noticias 

Noticias 

Fermina Orduña, a primeira muller en rexistrar unha patente
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

26/05/2023

O seu invento foi unha carruaxe que supuxo unha gran mellora na saúde pública do século XIX

1 de 1

A vida de Fermina Orduña é unha das grandes incógnitas desta gran pioneira da Historia española. É situada no Madrid do século XIX e o que si é seguro é que no 1865 rematou converténdose na primeira muller en España en rexistrar un invento.

Fermina obtivo a súa patente, naquel momento coñecidas como “privilexios de invención”, durante cinco anos polo seu novidoso sistema para expender a leite de burras, vacas e cabras.

A carruaxe de cabalos para a condución hixiénica do gando leiteiro consistía nun servizo a domicilio de leite fresco, que nacía para poder transladalo e así minimizar o tempo transcorrido dende que se muxía o leite ata a súa venda.

 

O carro tiña unha corte con penso de gran seco para asegurar unha boa alimentación do gando, unha maquinaria para muxir, un envase de auga quente e incluso unha caldeira para manter a temperatura do leite. Cun invento tan elaborado como este e respectuoso co gando, Fermina Orduña ofrecía leite fresco e en bo estado.

Esta gran idea xorde nun momento no que o leite se adquiría sen tratamentos previos para o seu consumo. Por iso foi un paso fundamental gañando en hixiene e en saúde para a sociedade.

A especial emprendedora deu nome aos premios "Fermina Orduña" á Innovación Tecnolóxica, convocados pola Consejería de Educación e Investigación da Comunidade de Madrid.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA