Cookies

Noticias 

Maria Koepcke, a viaxeira namorada do Perú

15 de maio de 1924 en Leipzig, Alemaña - 24 ou 25 de decembro de 1971 na Selva do Amazonas, Perú

15/05/2020 | Perú

Maria Koepcke foi una ornitóloga, fotógrafa e viaxeira alemana cuxa vida profesional e persoal tivo como eixo principal Perú. É moi coñecida polo seu traballo sobre as especies de aves neotropicais e unha respectada ornitóloga, en tempos nos que este campo da ciencia era dominado por homes.

Koepcke doctorouse en zooloxía pola Universidade de Kiel e con 26 anos de idade viaxou a Perú xunto ao que se convertiría no seu esposo, o tamén zoólogo Hans-Wilhelm Koepcke.

A parella contraeu matrimonio en Lima (Perú) e iniciaron en conxunto un estudo sobre os ambientes naturais do Perú occidental, para o que fixeron un recorrido completo das praias e zonas desérticas da costa peruana.

Máis tarde, entrarían en contacto cos bosques da zona, nun dos cales María Koepcke identificou unha especie nova de ave, o cotinga cariblanco (Zaratornis stresemanni). En 1957 inauguraron a Casa Humboldt, unha estación biolóxica e a súa vivenda en Lima, e posteriormente coñeceron a selva baixa, a onde acabarían trasladando a súa residencia.

O matrimonio tivo á súa única filla, Juliane, en 1954. Xuntas tomarían o voo no que Maria Koepcke acabaría perdendo a vida. Así, en decembro de 1971 nai e filla subiron ao voo LANSA 508, que se viu sorprendido por unha forte tormenta que derrubou o avión en plena selva do Amazonas.

Aída que se cree que entre 6 e 12 persoas sobreviviron ao accidente, todas faleceron en diferentes circunstancias e tan só Juliane saíu con vida do lugar, seguindo a pé un arroio ata dar coas persoas que a trasladarían ao hospital. O corpo sen vida de Maria Koepcke e dos outros pasaxeiros e pasaxeiras foi atopado días despois, grazas ás indicacións de Juliane.

 

Consulta a nosa sección de igualdade para coñecer a máis Mulleres con Historia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia