Cookies

Noticias 

© Abasart | 02/10/2020 | María Aurèlia Capmany

María Aurèlia Capmany, escritora polifacética e feminista

3 de agosto de 1918 en Barcelona - 2 de outubro de 1991

02/10/2020 | Barcelona

María Aurèlia Capmany foi unha escritora polifacética que pertenceu a unha xeración de mulleres educadas na liberdade e loitou pola liberación da muller nos anos da dictadura franquista.

Naceu en Barcelona en 1918 e mentres estudaba, seguindo a idea de seu pai de que toda persoa debía coñecer un oficio, aprendeu a grabar vidrio. En 1937 ingresou na Universidade Autónoma, pero só completou un curso. Ao final da Guerra Civil lle anularon os estudos realizados e tivo que facer unha reválida do bacharelato. Así e todo, conseguíu matricularse na universidade en 1940, estudos que pagou co seu traballo grabando cristais.

Comezou a preparar o doutorado, pero despois de tres anos deixouno e pasou a impartir filosofía en varios colexios e academias, ata a súa contratación nun instituto de Badalona no que chegou a ser directora. Nestes anos tamén exerceu noutra escola como profesora das danzas populares que lle ensinara seu pai. Nese centro dirixiu representacións teatrais escolares, foi actriz, directora de escena, escritora e adaptadora.

Despois duns 20 anos nos que escribiu varias novelas e contos, en 1967 decidiu abandonar a ensinanza para dedicarse ás actividades literarias plenamente, sen chegar a abandoar o teatro. Colaborou tamén coa prensa, a radio e a televisión e chegou a participar en política.

Nos seus traballos literarios reflexionou sobre a polémica literaria e cultural,  divulgou a historia e cultura catalana, e fixo fincapé no movemento feminista e a situación social da muller (tema ao que dedicou varios ensaios). Capmany faleceu aos 73 anos de idade en Barcelona.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia