Infórmate > Noticias 

Noticias 

Finaliza o curso de manicura no C.P A Lama
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

11/05/2023

Esta semana rematou a formación ocupacional para as mulleres internas do Proxecto E.V.A

1 de 1

Finalizamos a formación de Manicura Básica no Centro Penal da Lama (Pontevedra), actividade de formación ocupacional do Proxecto E.V.A, desenvolvido a través da Subvención a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, da Secretaría Xeral de Igualdade.

A participación foi especialmente positiva, non só en termos académicos senón en actitude individual e grupal. As alumnas xeraron un ambiente precioso, facilitando a aprendizaxe é contribuíndo a que todas se achegasen entre si e conectasen un pouquiño.

Durante a formación as internas do centro que non puideron acceder ao curso recibiron unha manicura de agasallo, realizada por algunha das alumnas durante o horario de desenvolvemento do curso. Para isto, realizamos un sistema de citas como en calquera centro profesional e simulamos un pequeno salón de manicura.

Da man da docente María Urbana, especializada en Estética e Terapias naturais, as alumnas puideron gozar dunha masaxe individual con barros de 40 minutos cada unha. Un xesto precioso para regalar benestar ás nosas MULLERES EVA.

Rematamos coa entrega de diploma ás 10 participantes e un agasallo para que sigan coidándose acotío. Grazas ás ALUMNAS e a súa DOCENTE, esta formación deixou en todas un recordo marabilloso e un módulo de mulleres cheo de cor e fantasía nas mans.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA