Máis Mocidade

Impulsamos o desenvolvemento de itinerarios formativos e a mellora de competencias para o emprego en persoas novas
Máis Mocidade é un programa dirixido á mocidade entre 16 e 29 anos (ámbolos dous incluídos) que ten como obxectivo fundamental a súa inserción laboral a través de itinerarios formativos orientados á formación acreditada de nivel 1 e 2.
As persoas participantes deben ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e contar cun nivel de estudos completados inferior a bacharel, FP de grao superior ou sen estudos.
Os itinerarios formativos estarán o máis estreitamente vinculados ás necesidades do mercado de traballo e das empresas.
Máis Mocidade componse das seguintes liñas de actuación:
- Prospección do territorio orientada a identificar as necesidades do mercado laboral e establecer alianzas coas empresas do tecido local.
- Formación en competencias transversais, competencias dixitais e orientación laboral.
- Formación técnica do Repertorio Nacional de Certificados Profesionais, certificados de profesionalidade completos ou módulos formativos dos mesmos, de nivel 1 e de nivel 2.
- Prácticas non laborais co fin de aplicar os coñecementos e habilidades adquiridos nunha contorna de traballo.
- Intermediación laboral para a facilitación da inserción das persoas participantes nun emprego estable e de calidade.
Máis Mocidade é un proxecto que se realiza ao abeiro da convocatoria +Empleo Joven, cofinanciada pola Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus.
Persoa responsable do programa: Nelly Mª Costa Valdés
Contacto: maismocidade2425@gmail.com / 661 184 726






