Cookies

Noticias 

© Christel Strobel, Agentur für Primrose Film Prod. | 19/06/2020 | Lotte Reiniger

Lotte Reiniger, a cineasta de animación que se adiantou a Disney

2 de xuño de 1899 en Berlín, Alemaña - 19 de xuño de 1981 en Dettenhausen, Alemaña

19/06/2020 | Alemania

Charlotte Reiniger, cariñosamente alcumada 'Lotte', naceu en Berlín en xuño de 1899, no seo dunha familia de clase media alemana. O seu interese polo cine e o teatro comezou dende a súa adolestencia e, tras asistir a una conferencia do actor e director Paul Wegener, pediulle permiso aos seus pais para entrar no grupo de teatro Max Reinhardt, ao que pertencía o director.

Pouco despois comezaría a traballar con Wegener e máis adiante entraría nun instituto berlinés adicado a películas experimentais de animación. Realizou e participou en varias películas de siluetas e en anuncios publicitarios. Así foi como en 1923 realizou o seu filme máis coñecido e a longametraxe de animación máis antiga que se conserva: 'As aventuras do príncipe Achmed'. Desta forma, considérase que a súa obra anticipou nunha década a Walt Disney.

Tras esta, traballou en outras moitas producións, pero coa chegada ao poder do partido nazi emigrou xunto ao seu marido (co que colaboraba en moitas das súas películas). Durante 6 anos produciron unha ducia de películas mentres se trasladaban dun país a outro, xa que non conseguían un visado permanente. Trascorrido ese tempo tiveron que regresar a Alemaña, onde se estableceron ata que 10 anos despois puideron trasladarse a Londres. Alí, Reiniger creou unha veintena de películas de siluetas.

Reiniger foi unha pioneira do cine de animación e a súa obra conseguiu atraer e sorprender ao público moito antes de que Walt Disney comezara a súa andadura en Hollywood. Para o seu traballo, basado en técnicas de animación e influenciado polo teatro oriental, empregaba miles de siluetas de papel que recortaba e movía, sacando fotos a cada movemento.

Morreu en Alemaña o 19 de xuño de 1981, cando tiña 82 anos. Deixou tras de si decenas de producións de animación.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia