Cookies

Noticias 

© FEI | 13/06/2017 | Datos máis relevantes do Programa Itinere, primeiro semestre de 2017

O programa Itinere presenta o seu informe de rendemento semestral

Datos máis relevantes obtidos no primeiro semestre de 2017

13/06/2017 | Vigo

A Fundación Érguete - Integración,  ten subscrito un convenio de Colaboración co Servizo Galego de Saúde desde o ano 2007 a través do cal desenvolve o Programa ITINERE, para a incorporación social e laboral de persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarceración.

Durante o primeiro semestre do ano 2017, atendeuse a 294  persoas, 129 internos e internas teñen deseñado un itinerario personalizado de inserción, o que mellorou o seu perfil de empregabilidade, facilitando a incorporación laboral a 20  penados e penadas en proceso de excarceración nos Centros de Inserción Social de Vigo e A Coruña.

Continuaremos facilitando o acceso á formación e o emprego a nosa poboación penal para garantir a súa reinserción, aínda nos quedan moitos meses de traballo.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere