Cookies

Noticias 

© FEI | 15/10/2020 | Isabella Bird

Isabella Bird, exploradora e escritora que viaxaba para deixar atrás as súas dores de espalda

15 de outubro de 1831 en Boroughbridge Hall, Yorkshire (Inglaterra) - 7 de outubro de 1904 en Londres

15/10/2020 | Inglaterra

Isabella Lucy Bird foi unha exploradora, escritora, fotógrafa e naturalista que atopou na vida de viaxeira a única menciña para as súas doencias crónicas por unha enfermidade espiñal. Tamén foi a primeira muller elixida membro da Royal Geographical Society.

Naceu en Boroughbridge Hall, Yorkshire (Inglaterra) o 15 de outubro de 1831. Xunto á súa irmá (coa que mantivo unha relación estreita) e a súa nai, tivo que trasladarse constantemente debido ao traballo de seu pai, que era reverendo. A súa nai ensinoulles a ler, escribir, coser e debuxar, pero foi o seu pai quen marcou o seu carácter.

Sufría dunha lesión na espiña dorsal que se converteu en crónica, pola que o médico recomendoulle levar unha vida ao aire libre. Así, cando o seu ánimo comezaba a decaer polas dores de espalda, viaxou ata a Illa do Príncipe Eduardo, no Canadá, e logo ata Nova York. Froito disto, escribíu o seu primeiro libro.

Uns anos despois volveu viaxar por prescripción médica ata Norte América, ata o falecemento de seu pai en 1858. A súa mala saúde sumíuna na depresión, que se agravou coa morte da súa nai en 1866. Co apoio da súa irmá, embarcouse nunha nova viaxe cara Australia, Hawai e Estados Unidos. Á súa volta escribíu unha obra coa que consagrouse como escritora de libros de viaxe.

En 1878 visitou o Xapón, a China, Corea, Vietnam, Singapur e Malaisia, dende onde se trasladou a Exipto. Un periplo que volveu plasmar nun libro éxito de ventas. Nestes anos, a súa irmá Henrietta morreu, e Isabella, ao verse sola decidíu casar co doutor John Bishop, que faleceu uns anos despois, deixándoa viuva.

Para superar a situación, decidíu formarse como enfermera e trasladarse á India, onde fundou o hospital John Bishop Memorial e outro hospital en memoria da súa irmá. Ademais, antes de voltar a Inglaterra viaxou por Persia e o Kurdistán, entre outros países.

Debido ao renome que se labrou como viaxeira conseguíu ser a primeira muller aceptada na Royal Geographical Society.

A súa última viaxe foi polo Xapón, Corea, Tánxer e Marruecos, trala que volveu a Londres con máis de 70 anos. Por problemas de saúde estivo postrada en cama ata o seu falecemento o 7 de outubro de 1904.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia