Que facemos >  

Que facemos

Intervención con Persoas Drogodependentes - Plan Social Ence

  • Actividades asistenciais e formativas para evitar ou minimizar a exclusión social e sanitaria de persoas con problemas de consumo de drogas.

 
Este proxecto ten como finalidade establecer medidas que eviten ou minimicen a exclusión social e sanitaria de persoas con problemas de consumo de drogas, con especial atención ás mulleres por estar en situación dobremente vulnerable.
 
Obxectivos:
  • Achegar atención básica ás persoas que se atopan en circuítos segregadores.
  • Proporcionar unha formación actualizada e contrastada de VIH e de Hepatite. 
Persoas beneficiarias:
  • Drogodependentes en activo en situación de risco social.
  • Exdrogodependentes en risco de recaída.
  • Outras persoas en situación de exclusión social que, polas súas características, presentan riscos asociados ao consumo.
Actividades:
1) Intervención na rúa:
  • Atención directa e personalizada, que incorpora aspectos como a escoita activa, a comprensión e o apoio nos procesos de mellora.
  • Facilitar o desenvolvemento de hábitos de relación social adecuados e normalizadores de hixiene, comportamento social, respecto aos demais, comunicación asertiva, etc.
  • Facilitar folletos informativos, cartóns e planillas informativas, realización de charlas, etc.
  • Desprazamento as zonas de consumo e contacto directo cos/as usuarios. Confianza e apoio para achegar o servizo ás persoas.
2) Actividades formativas: realizaranse accións formativas de VIH e de Hepatites, en centros da cidade aos que acode poboación potencialmente sensible de presentar problemas asociados ao consumo de sustancias (Centro de Menores, Albergues, etc.)
 
Temporalización:
O proxecto realízase de xaneiro a decembro de 2020, de forma ininterrompida.
1) Intervención na rúa:
O equipo de traballo desprázase dous días á semana (martes e xoves) en horario de 12:30 a 14:30 horas na unidade móbil ao poboado chabolista do Vao (Poio).
2) Actividades formativas:
Dúas actividades formativas en marzo, dúas en xuño e dúas en setembro de 2020, cunha duración de 3 horas cada unha.
 
 
Proxecto patrocinado por:
 
 

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 2

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA