Cookies

Inclusión Social

Inclusión Social
Accións dirixidas a conseguir a inclusión sociolaboral de persoas en risco ou posible risco de exclusión social

 

A través da colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, desenvolvemos actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social, que pretenden fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación, participación activa, e mellora da empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos, así como promover a integración social das persoas en risco de pobreza ou exclusión social. Estas actuacións enmárcanse dentro do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Estas actuacións son de dous tipos:

  • Servizo de inclusión e transición ao emprego: desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión social, así como ao traballo de acompañamento social e ao apoio preciso para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral.
  • Servizo de Formación Adaptada: en Adquisición de coñecementos básicos dixitais e Preparación das probas de adquisición do título de Educación Secundaria Obrigatoria.

Se queres ampliar información sobre as actuacións para desenvolver, solicita máis información no mail erguete.pfi@gmail.com, no teléfono 986 253 176 ou consulta a axenda de actividades desta páxina web.