Desde o Ciber Emprego damos a posibilidade de realizar cursos presenciais de informática dirixidos a persoas en busca activa de emprego, con interese real por aprender, ofrecendo o manexo de software Libre.
Programamos cursos de:
Obradoiros para usar App's no teu móbil:
E manexo da Administración Electrónica, solicitude de claves e tipos de xestións telemáticas a realizar desde a Internet.
Se queres ver os contidos con máis detalle, consulta o documento no lado dereito (materiais relacionados)
Facemos un curso por mes, en horario de mañá, de 9:00 a 11:30 con dúas semanas de duración (25 horas), para 12 prazas. Ao finalizar entrégase diploma acreditativo. Tódolos primeiros de mes se publicará, nesta web, un calendario coas horas de Ciber e de Curso, tamén estará a túa disposición no propio local.
Tamén ofrecemos curso de Mecanografía on-line (por Internet) de maneira gratuita, este pódese facer tódolos días en horario de Ciber.
Hai que inscribirse con antelación, para elo podes charmarnos ao teléfono 986 253 176, enviar un email a ciberemprego@gmail.com (indicando que curso che interesa) ou pasarte polas nosas instalacións.
Persoa responsable: Ana Mª Pascual Hermida
Colabora desinteresadamente: Ultreia Comunicaciones S.L
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801